sábado, 22 de diciembre de 2018


PROXECTO INTERCENTROS: O SISTEMA SOLAR


Este curso, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, estamos a participar nun proxecto intercentros sobre o Sistema Solar.

A nós tocounos investigar sobre Plutón, xa que a súa órbita pasa moi preto do noso Centro. A primeira actividade consistía en enviar unha carta aos demais planetas e ao Sol para presentarnos como "plutonianos", os habitantes do planeta anano máis afastado. 

Puxémonos mans a obra, despois de investigar sobre Plutón e as súas características...; agora xa estabamos preparados para escribir o fragmento da carta que nos correspondeu "A sociedade, a que se dedican".

E por último, xuntámonos na  biblioteca os cursos participantes para ler as nosas cartas e unilas para enviarllas ao resto de colexios participantes. 

Agora agardamos impacientes as cartas dos outros planetas, e por suposto tamén do Sol.

 

 





ALMANAQUE DE PETO


O xoves ao rematar as actuacións de tódolos cursos, fíxose entrega dos premios da actividade “Almanaque de Peto 2018/2019

Esta actividade consistente no deseño dun Almanaque de Peto do 2019 para repartir a todo o alumnado, profesorado e persoal non docente do colexio, foi valorada polo EDLG para a elección dos representantes que gañaron esta edición.
Na edición do 2018-2019 estableceuse unha convocatoria integradora, co PDI deste curso, adicado á alimentación saudable, que denominamos: BO PROVEITO.
Entre os 14 alumn@s que resultaron gañadores e gañadoras dos seis niveis de Educación Primaria e 6º de Educación Infantil,  está a nosa compañeira Rawyae Ben Malak.
 
Tod@s  recibiron 4 exemplares do almanaque, correspondentes aos seus propios traballos para compartir coas súas familias e recibiron un Diploma de recoñecemento polo seu  traballo. 

MOITOS PARABÉNS RAWYAE !!!!!!!!










BO NADAL


Xa rematou o primeiro trimestre e chegaron as tan desexadas  vacacións de Nadal!!!
Estes últimos días foron días de moito ensaio coa profesora de música Elena, tamén decoramos a aula, fixemos postais de Nadal, vimos a película “O coro”, fixemos unha festa para celebrar o fin do trimestre…








 O xoves e o venres foron os días grandes xa que actuamos para todo o colexio e para as familias cantando un Rock do Nadal. Foron días de emocións e moitos nervios.
Despois de tanto esforzo podemos dicir que o resultado foi marabilloso e o alumnado de sexto, como o do resto do centro, levou  moitísimos aplausos moi merecidos.
Parabéns chic@s!!!!!



 

Aquí podedes ver un resumo das actuacións.



Agora queda descansar para  vir con moitas forzas e empezar o segundo trimestre que seguro que nos trae moitas novidades divertidas.
CLUB DE LECTURA

O Equipo de Dinamización do "Xardín do Pasatempo" proponnos ao alumnado de sexto realizar un Club de lectura.
Podédesvos apuntar de forma voluntaria e realizárase os martes na hora de ler.
O libro que nos propoñen para esta marabillosa actividade é KUSUMA do autor Héctor Cajaraville da Editorial Xerais. Ten o premio Merlín de Literatura Infantil, 2018.

 https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjhMudDaiP3c8f4X7mgqon7eQjIKPAygH9Gt_DDWxsj6Xx7R4-H1KvcedLnGR1Tyjgd0IsHV0PbggQIDl0YiX5fk2z4AG4MbUcY0ikGVVXdsp77EO4ERChifeDAGjRgeLdBAhCU-6pjzO4c/s320/XG00277201.jpg

Aquí tedes información sobre o libro:

Kusuma é unha faisán femia procedente da remota selva de Kaltim, que se ve obrigada a marchar do lugar en que sempre viviu debido á acción destrutiva do ser humano. Co obxectivo de buscar un futuro mellor para ela e mais a rolada de pitiños que agarda, cruza medio mundo ata chegar a Galicia.Pero alí as cousas non van ser doadas: a desconfianza da maior parte dos animais da fraga en que se instala, o medo ao diferente e ao que vén de fóra, obrigará a Kusuma a demostrar o seu valor e o seu dereito a ser unha máis na terra de acollida.''Kusuma'' é unha historia de aventuras, de cooperación, de superación e de amizade; un exemplo de como os prexuízos con que ás veces nos enfrontamos ao descoñecido son o camiño máis enganoso e máis inxusto para tratar de entender o mundo.

Podedes pedir o libro como agasallo neste Nadal para empezar a ler en xaneiro no Club de lectura.


 


sábado, 15 de diciembre de 2018

XA CHEGA O NADAL


Queda pouco para que esteamos en plenas vacacións do Nadal, por iso xa empezamos a decorar a aula; queda seguir decorando e facer a postal navideña.
Canto traballo temos que facer aínda!!!!!!!




VISITA AO CINE EN NARÓN


Xa chega o Nadal, e este ano o alumnado dende terceiro a sexto fumos a Narón ao cine.Vimos un filme moi navideño e divertido "El Grinch", basada no conto navideño do mesmo nome escrito por Dr. Seuss no 1957. É unha criatura peluda y cascarrabias moi gracioso e moi verde....

O libro critica a visión do Nadal como algo comercial e satiriza aqueles que obteñen beneficios explotando a época navideña. 

Pasamos unha boa mañá e divertimonos vendo esta película con tanto ritmo e gracia.








AGASALLO PARA O " XARDÍN DO PASATEMPO"


Os nenos e nenas de 6º B aportamos un novo volumen de produción propia a nosa biblioteca. o libro foi realizado por mor do Día contra a Violencia de Xénero.
A coordinadora da biblioteca agradeceunos moitísimo a nosa colaboración. GRAZAS MARI!!!!



viernes, 14 de diciembre de 2018

SAMAÍN E MAGOSTO

Celebramos como todolos anos o Samaín decorando a aula.
Tamén participamos na festa do Magosto co resto o Centro, comendo castañas e despois bailando un baile entre todos. Pasámonolo moi ben.













DÍA DE COGOMELOS

A nosa compañeira Sabela e a súa familia fixéronnos un gran agasallo. Puidemos ver unha gran clasificación de cogomelos recollidos na nosa zona de Pontedeume. Sabela explícounos curiosidaes sobre elas e os cuidados que tiñamos que ter si colliamos setas no monte.

Aprendemos moitísimo. Grazas!!!!!