jueves, 31 de enero de 2019

O DÍA DA PAZ


Celebramos o Día da Paz o mércores 30 de xaneiro, dedicado a conmemorar nas escolas unha cultura de non violencia e Paz.

Participamos con toda a Comunidade Educativa, fixemos o Disco de Newton ou "Zumbador", mesturando cores para procurar a cor branca da Paz. Tamén cantamos e bailamos a canción "O mundo é grande" de Mamá Cabra.

Dentro da nosa aula estivemos preparando o Día da Paz realizando uns traballos, de forma grupal, sobre personaxes importantes para que hoxe en día teñamos unha sociedade onde tódolos homes e mulleres teñamos os mesmos dereitos e mais respecto entre eles.

Na escola adoitamos procurar cada día estes valores: tolerancia, respecto, non violencia...

                  

                  



                        

jueves, 17 de enero de 2019

EXPOSICIÓN TRABALLO PDI "BO PROVEITO" 1º TRIMESTRE

O mércores 16, o alumnado de 5º e 6º expuseron o traballo realizado durante o 1º Trimestre. 
Estiveron a estudar e analizar varios cadros que representaban as distintas etapas da Historia, tendo como marco o tema deste ano do PDI "Bo Proveito".

Aquí vos deixo un video.


                  
VISITA DA GARDA CIVIL. INTERNET

O luns, 14, visitounos un representante da Garda Civil para tratar o tema dos posibles problemas cos que nos podemos atopar ao facer uso de Internet, Redes Sociais, xogos en liña...








sábado, 12 de enero de 2019

PROXECTO INTERCENTROS   "O SISTEMA SOLAR"


Cando voltamos do Nadal, tiñamos esperándonos o correo do Proxecto Intercentros "O sistema solar" de 4º, 5º e 6º de primaria. Recibimos unha carta do Sol e de cada un dos planetas que xiran arredor del. Despois de léelo todos xuntos, expuxérono para toda a Comunidade Escolar.
Aquí tedes un vídeo da lectura e exposición desta correspondencia interplanetaria.


                    


Despois deste 1º trimestre tan ocupado, queda continuar no 2º trimestre con novas neste Proxecto.
Nas aulas de 4º investigarán a relación da mitoloxía e os planetas, nas aulas de 5º elaboraran libros de lapelas en pequeno grupo sobre diversos aspectos do sistema Solar, mentres o alumnado de 6º centrarémonos nunha análise máis técnica: tamaño, densidade, distancias, órbita, escalas...

Ánimo "plutonianos"!!!!!!

 

CENTROS PARTICIPANTES

     En Ferrol:

O Sol: CEIP “Ferrolterra” 
Mercurio: IES “ Saturnino Montojo” 
Venus: IES “ Sofía Casanova” 
Terra:  CEIP “ Recimil”
 Marte:  CEIP “ Esteiro” 
Xúpiter:  IES “ Canido”
Saturno:  IES “Catabois”

     En Narón:

Urano: IES "As Telleiras" 

     En Neda:

Neptuno: IES "Fernando Esquío"

     En Pontedeume:

Plutón: "CEIP Couceiro Freijomil"