viernes, 29 de diciembre de 2017

Symbaloo videos festival Nadal

Aquí tedes a montaxe co Festival de Nadal, sodes todos e todas uns artistas.
Ata o ano que vén! Feliz Aninovo!


viernes, 22 de diciembre de 2017

O FINAL DO PRIMER TRIMESTRE


Xa está aquí o Nadal, tempo de panxoliña, adornos, festa..... e nós non íamos a ser menos; ósea que nos puxemos a traballar duramente facendo postais, ensaiando a panxoliña para o festival de Nadal e na decoración da aula para celebrar a festa do final de trimestre.

Deséxovos que pasedes unhas fantásticas vacacións merecidas.
Aquí déixovos algunhas fotos para que lembredes que todo esforzo ten a súa recompensa.
Ata o ano que vén!!!      FELIZ ANINOVO!!!





LAPBOOK       Ciencias Naturais

 Un lapbook é unha especie de "libro" desplegable, un soporte desplegable en cartolina. No interior podemos engadir diversos soportes: esquemas, fotos, debuxos, adiviñas, curiosidades...e todo o que facilite unha mellor comunicación e comprensión de tema que queremos expor e así concentrar nunha soa peza moita información, dunha forma gráfica e sinxela. O paso final é expor os novos coñecementos adquiridos ao resto dos compañeiros de clase.

Estes son os resultados dos vosos lapbooks. Moi ben rapaces!!! 















lunes, 18 de diciembre de 2017

FESTIVAL NADAL



 O vindeiro día 21 de decembro celebramos o festival de Nadal, ao que estades convidados/as todos/as as familias de 5º de Educación Primaria.
Os vosos fillos/as van a realizar unha actuación (panxoliña: "O Tamborileiro") que levan preparando moito tempo para que o pasedes moi ben. Esperamos  que sexa de voso agrado. 
OS ESPERAMOS!!!!!




sábado, 16 de diciembre de 2017

Se queres ler no Nadal, aquí tes unhas moi boas recomendacións.
"O que le moito e anda moito, ve moito e sabe moito"  Miguel de Cervantes.

Pincha no enlace para velas.

jueves, 14 de diciembre de 2017

FESTA DE NADAL

Aquí déixovos un titorial para ver como se fan grilandas, con elas podemos decorar a aula para a festa de Nadal. Que vos parecen?
Si queredes podedes practicar en casa o fin de semana!!!!
https://www.youtube.com/watch?v=irxfVH4e2n0

viernes, 1 de diciembre de 2017

CHARLA SOBRE CONSTRUCIÓN NAVAL

A nai dunha compañeira de sexto, que traballa facendo planos de barcos veunos a dar unha charla. Explícounos que os barcos constrúense en bloque que despois unen. Tamén nos ensino vídeos de como botan os barcos en Ferrol e Brasil e moitas cousas máis.
Tróuxonos uns planos para que nós construamos en goma eva un bloque dun barco.
Foi moi interesante. 
GRAZAS SUSANA!!!

          



          



          



          


  

Día contra a violencia de xénero

Hoxe no colexio celebramos o día contra a violencia de xénero. O alumnado de 5º e 6º de educación primaria tamén quixemos pór o noso gran de area facendo algo especial para esta data.
Durante varios días puxémonos mans a obra. Primeiro vimos carteis e vídeos de campañas anteriores e estudamos que características ten que ter un cartel, para poder facer ben os nosos. Despois tocou facer os nosos e así pór de manifesto que non estamos e acordo coa violencia.
Por grupos explicamos aos nosos compañeiros o cartel que fixemos para despois pegalos no corredor do colexio.
Este é o resultado, quedaron todos moi chulos!!!

               +