sábado, 23 de febrero de 2019

DÍA DE ROSALÍA

Co gallo do  Día de Rosalía, que celebramos o venres 22 de febreiro, e para conmemorar a data fixemos un photocall : "Eu son Rosalía”.
Nunha cartolina “escribimos” e “representamos” unha estrofa que nos asignou o EDLG , escollidos de diferentes libros de poemas, que Rosalía fixo relacionados coa comida e tamén coa fame. Estrofas relacionadas coa temática do PDI " Bo Proveito”
Realizamos una foto de cada curso, con nenos e nenas coa careta de Rosalía e o mural coa poesía.



 




                 

lunes, 18 de febrero de 2019

Preparando o Entroido!

Xa estamos no tempo do Entroido aberto na nosa zona tradicionalmente coa Candieira (2 de febreiro).
Nas casas xa comezamos a preparar sobremesas propias de Entroido e no cole xa andamos a voltas coas comparsas, disfraces, cantigas,...
Posto que este Entroido seremos os mellores e as mellores traballadores da cociña, do restaurante, da panadaría, cafetaría... Ide pensando no voso disfrace! Cociñeir@s, chefs, panadeir@s, froiteir@s, peixeir@s....
ELEXIDE!!:
  • OS COCIÑEIROS E AS COCIÑEIRAS: Roupa branca , gorro branco, mandil negro. E todos os complementos que se vos ocorran para ir ben aquelados.
  • OS PANADEIROS E AS PANADEIRAS/ reposteir@s: Todos de branco, tamén o mandil e poderedes levar ferramentas ou cestas con pan, bandexas con bola, fariñas...
  • CHEFS: Faremos o gorro da cor da chaqueta que decidades e poderedes adornala e levar os utís que consideredes.
  • PEIXEIR@S: Roupa branca, mandil azul, botas e lubas plásticas e algún bo peixe xa traeredes!
  • FROITEI@S: Roupa , mandíl e gorro de cores contrastadas.Podemos adornar o disfraz con froitas de todo tipo!
  • CARNICEIR@S: Roupa escura e mandil branco, O machete que non corte!
( Os 2 modelos de gorros farémolos no cole)
            



                          

E imos preparar xa a letra para a cantiga da comparsa de 5º e 6º. A música é dunha das vosas cancións preferidas  que escollestes en clase de Música.
Xa temos a letra, a ensaiar!!!
 https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhBpuaP0t8XEgONsPriIl3DiXuuG57PKdoJhd7a1p1TKEx5Z9OqjM4La6cpN2pKGidVc0kky1wErF6q-G43C2lm6q7S9B1-TXPDieVoASSAiJyfRw66A8WyuvMChh-QfrRHVVFOKYiBt5k1/s1600/letra+Bo+proveito%2521.PNG
PREPARANDO O DÍA DA POESÍA CON JOSÉ LUIS GRAÑA

Xa estamos a preparar o día da poesía e hoxe contamos con José Luis Graña Muíño,

José Luís Graña Muíño foi profesor de Lingua Galega e Literatura durante moitos anos, tempo no que se amosou especialmente activo co alumnado, dirixindo e coordinando diferentes actividades relacionadas coas artes escénicas: contacontos, recitais poéticos, monólogos, representacións teatrais...
Ademais, escribiu varios libros de diferentes xéneros literarios. Ten catro publicados: "Cerdido: lingua e outras realidades", "Converxencia na cor vermella , " Itinerario do botellón" e  “A vida é dura antes dos 18”.

Na actualidade, xubilado como profesional da ensinanza, segue máis implicado ca nunca no labor de escribir.

Estivemos a recitar poesías e modulando a voz con axuda de J.L.Graña, ademais deunos uns consellos para que o día da poesía cando recitemos poemas no festival do teatro e da poesía sálganos todo de marabilla. Pasámonolo xenial e participamos todos e todas. 

Tamén lle queremos dar as grazas a Edita Nogueira,  xa que sabendo que iamos recitar poemas que fixesen referencia ao  PDI “Bo Proveito” deste curso;  fixo unha poesía titulada “Cachelos” que imos recitar xunto a outra poesía  “Por un euro” tamén da mesma autora.
Estamos a preparar  tamén poesías de Rosalía de Castro, Manuel María e Paula Carballeira. 

Aquí podedes ver un vídeo con algúns momentos desta mañá.


                          

sábado, 2 de febrero de 2019

CLIMOGRAMA


No tema que estamos estudando en Ciencias Sociais traballamos os climogramas. Imos aprender a realizalos en Libre Office Calc. 

Aquí vos deixo uns titoriais.  

https://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual2/mod/resource/view.php?id=18075&lang=es

 

                    
LIBRO DE RECEITAS DE OUTONO

Dende o Equipo da Biblioteca propuxéronnos a tódalas aulas do Centro un reto: pescudar sobre receitas de outono.


Así que pousémonos a traballar. Estivemos pescudando, informándonos, experimentando, degustando….sobre as receitas típica da nosa contorna. Unha vez xa rematado o trimestre con todas elas Güino preparou un libro “Libro de Receitas de Outono”, froito do traballo colaborativo dentro do proxecto "Bo Proveito". Aquí vos deixamos o resultado.


Ummmmm, cheira que arrecende!!!!