sábado, 22 de diciembre de 2018


BO NADAL


Xa rematou o primeiro trimestre e chegaron as tan desexadas  vacacións de Nadal!!!
Estes últimos días foron días de moito ensaio coa profesora de música Elena, tamén decoramos a aula, fixemos postais de Nadal, vimos a película “O coro”, fixemos unha festa para celebrar o fin do trimestre…








 O xoves e o venres foron os días grandes xa que actuamos para todo o colexio e para as familias cantando un Rock do Nadal. Foron días de emocións e moitos nervios.
Despois de tanto esforzo podemos dicir que o resultado foi marabilloso e o alumnado de sexto, como o do resto do centro, levou  moitísimos aplausos moi merecidos.
Parabéns chic@s!!!!!



 

Aquí podedes ver un resumo das actuacións.



Agora queda descansar para  vir con moitas forzas e empezar o segundo trimestre que seguro que nos trae moitas novidades divertidas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario