sábado, 24 de febrero de 2018

Resultado de imagen de foto de Rosalia de castro

DÍA DE ROSALÍA

Onte festexamos no Colexio o día de Rosalía ; nesta data cómprese 181 anos que naceu Rosalía de Castro en Santiago de Compostela. 
Esta escritora galega é un referente necesario para a lingua e a cultura galega, supo plasmar nos seus poemas os sentimentos que tiña a sociedade galega na súa época.

 O alumnado de 5º de E.P. fixeron unha adaptación dun libro dos Bolechas onde  atopamos poemas que tratan sobre a emigración e nos fala dá pena que teñen os emigrantes ao vender os animais, as leiras... e deixar Galicia, sen saber si volveran  ver a súa terra.

   

O acto consistiu en ler e recitar, dita adaptación para todo o  Colexio.

                             Foi todo un éxito!!!!!

 Aquí vos queda un vídeo coas fotos deste marabílloso día.


                   

domingo, 18 de febrero de 2018



Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.
Este ano imos botar unha ollada á MULLER que traballa no MAR.



O alumnado de 5º e 6º está a investigar sobre os traballos desenvoltos polas mulleres da nosa zona no ámbito mariño: Mariscadoras, peixeiras, redeiras e traballadoras nas conserveiras centrarán as súas pescudas.

Ao remate exporemos nun gran mural as informacións destas catro profesións e invitaremos a todo o cole a coñecer e valorar o traballo de moitas das súas nais, avóas, tías, veciñas, etc.


Abelardo Miguel, pintor eumés,, representou moitas mulleres do mar


Para abrir boca temos aquí unhas montaxes que nos falan do papel da muller na economía galega, en xeral, e nos traballos de explotación das riquezas do mar en particular.

Informémonos para logo recibir nas aulas a familiares que nos van falar máis polo miúdo do seu traballo.












viernes, 16 de febrero de 2018

FESTA ENTROIDO 2018

Este ano o tema do noso entroido foi relacionado co PDI "Alén do mar", e o alumnado de 5º EP fomos disfrazados de marinos, fixemos un galeón para a nosa comparsa, gorros, antifaces....
O venres 9, tivemos desfile polo corredor e actuacións de todas as comparsas, no pavillón onde tamén cantamos as cancións preparadas para este entroido.
Aquí tedes algunhas imaxenes e vídeos de todo o que fixemos.

 







        



Despois das actuaacións repuxemos forzas facendo unha festa nas aulas, compartindo os doces típicos do entroido feitos polas nosas familias e escoitando moi boa música.

Moitas grazas as familias por eses doces, estaban riquísimos!!!!





E para despedir o entroido, o xoves 15, queimámolo cantando a cantiga tradicional de Pontedeume Xa morreu!!!! e chorando a súa morte.

So nos queda esperar ao ano que ven!!!!!!!