sábado, 22 de diciembre de 2018

ALMANAQUE DE PETO


O xoves ao rematar as actuacións de tódolos cursos, fíxose entrega dos premios da actividade “Almanaque de Peto 2018/2019

Esta actividade consistente no deseño dun Almanaque de Peto do 2019 para repartir a todo o alumnado, profesorado e persoal non docente do colexio, foi valorada polo EDLG para a elección dos representantes que gañaron esta edición.
Na edición do 2018-2019 estableceuse unha convocatoria integradora, co PDI deste curso, adicado á alimentación saudable, que denominamos: BO PROVEITO.
Entre os 14 alumn@s que resultaron gañadores e gañadoras dos seis niveis de Educación Primaria e 6º de Educación Infantil,  está a nosa compañeira Rawyae Ben Malak.
 
Tod@s  recibiron 4 exemplares do almanaque, correspondentes aos seus propios traballos para compartir coas súas familias e recibiron un Diploma de recoñecemento polo seu  traballo. 

MOITOS PARABÉNS RAWYAE !!!!!!!!









No hay comentarios:

Publicar un comentario