As cousas da nosa aula 6º B
martes, 23 de abril de 2019
jueves, 4 de abril de 2019
VISITA DE SUSA HERRERA
Hoxe tivemos a visita de Susa Herrera, con ela cantamos e
bailamos unhas cancións moi divertidas que falaban de animais .Con estas
cancións descubrimos cousas interesantes
destes animais: de onde eran, que comían , canto durmían.....Pasámolo xenial.
Moitas grazas Susa!!!!!!!!!
Susa Herrera
naceu en Santander, é profesora da área “Didáctica de Expresión Musical” da
Universidade de Vigo desde o ano 1988. Licenciada en Ciencias Económicas pola
Universidade de Barcelona (1979). Posúe o título superior de piano (Barcelona
1976) e Clavicémbalo (Barcelona 1984), Diplome pèdagogique en Education Musicale Willems (Lyon 1985) e Diploma de
formación en Rítmica Jacques-Dalcroze (Barcelona 1990). Completa a súa
formación pedagóxica en escolas de verán sobre educación musical e danza
(Xenebra, Salzburg, Pittsburg, Londres, Estocolmo…) e amplía formación en
linguaxes corporais expresivos (Barcelona, Madrid, Londres, Buenos Aires).
Posúe
experiencia docente nos niveis de infantil, primaria, secundaria, universitaria
e Universidade de Maiores. Máis de 150 cursos impartidos en programas de
formación inicial e permanente do profesorado en diversos centros do Estado e
noutros países (Portugal, Cuba e Noruega) e é relator habitual en congresos
sobre Educación Musical e Educación Física (área de linguaxes expresivas) en
diversos países de Europa, Asia e América Latina.
É autora de
varios libros infantís: Cartas que veñen e van, Animais ao caixón, Animais
Encantadores e En Cabárceno óuvese
cantar.
Aquí déixovos un vídeo coa actuación de Susa e a vosa!!!!!!
martes, 26 de marzo de 2019
VISITA PAULINO GASALLA
Hoxe
visitounos Paulino Gasalla, amante e afeccionado á Astronomía.
Pertence á sección de Astronomía da Sociedade Galega de Historia
Natural (SGHN).
A
charla, resulto moi interesante e aprendemos moitísimo. Contounos
cousas moi científicas e curiosas que axudarannos a traballar
no Proxecto Intercentros ao que pertencemos, “O Sistema Solar”.
Esperamos que poida volver e ter máis tempo con el para charlar moito máis. Ademais brindóusenos para axudarnos a realizar unha viaxe fora do Sistema Solar.
Apuntámonos!!!!
Moitas
grazas, Paulino!!!!
jueves, 21 de marzo de 2019
Hoxe, 21 de marzo, celébrase o Día da Poesía de acordo coa decisión da UNESCO, co fin de apoiar a diversidade linguística a través da poesía e as demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música e a pintura.
O equipo que dinamiza a biblioteca aproveita para convocar o XI Certame de Poesía CEIP "Couceiro Freijomil". A temática das poesías este ano será A ALIMENTACIÓN. Güino no Festival das Letras Galegas axudaranos a ler as poesías e entregará os premios.
Animarvos a participar creando as vosas poesías!!!!!!!!
O alumnado de 5º A puxeron en escena a obra "A revolución das verduras"; 5º B recitaron poesías de autores galegos de renome e 6º A puxeron en escena a obra "Farsa e xustiza do correxidor"
Nosa aula participamos neste día, despois de seleccionar unhas poesías co tema do PDI "Bo Proveito", recitando poemas de Rosalía de Castro, Manuel María, Paula Carballeira e Edita Nogueira.
Aquí vos deixo o vídeo do recitado de 6º B e algunhas fotos deste día tan estupendo!!!!
sábado, 16 de marzo de 2019
O
mércores tivemos unha sesión de Filosofía.
Tivemos
como base o óleo “Muchachos subiendo a un árbol” de Francisco
Goya, pintado a fins de 1791. Na imaxe vemos a tres raparigos
tratando de subir a unha árbore. Un deles agáchase para que outro
poida apoiarse nel, e o terceiro empúxalle por detrás.
Mostrábasenos
o cadro só a anacos até descubrilo todo. Debiamos ir
contestando preguntas do tipo:
- Que
vedes?, Coidades que son nenos/as actuais? Por que?,
Que poden estar facendo?, Onde pensades que poden estar?, Como cres
que se senten?, E agora que vedes?, Que poden estar facendo? Por
que?, Onde pensades que poden estar?, Que credes que senten agora?
…..
A
continuación , pasamos ás habilidades de Razoamento.
Algunhas
das opinións dos alumnos foron:
- Cada idea que diciamos por moi
imaxinativa que fose achegaba algo e nos facía reflexionar ao resto.
- Dixésemos o que dixésemos
estaba ben xa que era nosa opinión.
- Cantas máis opinións dábanse
máis fácil resultaba adiviñar como era o cadro.
- Todos respectabamos e iso
axúdonos a esperar e ter paciencia para expresar o que sentiamos
- Estivo moi ben e teño ganas
de repetir esta actividade…..
Saíron
palabras sobre as que tamén opinamos e debatemos como:
compañeirismo, empatía, axuda, colaboración, confianza,
seguridade…
Ao
final tiñamos que realizar a avaliación escollendo
entre tres imaxes do autor Keith Haring e dicir con cal
desas imaxes representaba mellor as nosas sensacións nesta
actividade.
Foi
unha sesión moi aproveitada e divertida!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)