Hoxe celebramos o día da Paz e da non violencia no colexio, fixemos un
baile entre todos os cursos. No centro do patio, colocamos unhas
perchas, onde atamos os lazos coas nosas mensaxes de Paz. Despois
soltamos unhas pombas, fixonos moita ilusión ver como voaban todas
xuntas. Foi un día moi emocionante!!!!!!
CLUB DE LECTURA
Hoxe empezamos nosa andaina en canto ao Club de lectura. Xa somos maiores!!!!!
O libro que imos ler este ano é "Ulises e as cronoamigas. Surfistas en California", escrito pola escritora Ërica Esmorís e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano.
So con ver a portada xa nos invita a coller o libro e ler deseguido. Un libro moi ameno e moi ben ilustrado. COMENZAMOS!!!!!!
Aquí vos deixo unhas fotos do primer día do Cub de Lectura.
lunes, 29 de enero de 2018
DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
Como cada ano o día 30 de xaneiro celebramos oDía escolar da Paz e da non violencia. Este ano otema escollido e traballado no Centro, leva por título "Celebra la vida"
Ademáis na nosa aula imos ver tamén o documental El me llamó Malala,
que trata sobre la historia de la niña pakistaní ganadora del Nóbel de la Paz,
tiroteada por un grupo extremista talibán en contra de que las niñas
puedan ir a la escuela.
Os recomendo tamén para ver, especialmente lapelículaTerraferma.
jueves, 25 de enero de 2018
XA ESTÁ AQUÍ O ENTROIDO!!!!!!
Este ano, estamos realizando o proxecto "Alén do mar" polo que o alumnado de 5º EP, nos disfrazaremos de marinos. Aquí vos deixamos unha foto do modelo do disfrace de Entroido.
Non é preciso mercar roupa para o disfrace. Se tedes algunha camiseta con raias blancas e azul marino, xa a podedes utilizar; senon é así, podedes facela cunha camiseta blanca e utilizar cinta illante, lazo... para facer as raias, cunha distancia máis o menos de 3,5 cm entre as bandas. Aqui tedes unha idea.
Tamén levaremos un pantalón blanco ou azul oscuro.
POLO QUE NECESITAMOS A VOSA COLABORACIÓN.
AGRADECEMOS O VOSO ESFORZO!!!
Na aula , realizaremos os complementos do noso disfrace como o gorro, barco pirata...
A cantiga da nosa comparsa " OS MARINOS" ten que ver tamén co mar e os problemas de contaminación que ten.
Aquí vos deixamos a música e a letra.
LETRA DA CANTIGA
Minto,
se che digo que en ti non vou pensando
quixera sabe-lo que estás facendo
eu chamo, pero sáeme ocupado, oh.
Emporcallaches todo o mar como un criminal
neno, ti non podes negalo
isto que sinto por ti non pode ser legal, ah.
Criminal, cri-criminal
mira que es malvado e moi criminal
criminal, uh, criminal ah.
Criminal, cri-criminal
mira que es malvado e moi criminal
criminal, cri-criminal ah.
Non me digas, como que te deixo mal
de lonxe eu podo observar
no que andas decote a matinar
ti predicas que non me deixo levar
será porque ti tes un xen
demasiado cri-criminal, neno.
Similar xa o teño visto por aí
ti só contaminas, decontino
e non pode ser, salvaxe
mátasme pero de coraxe
se botas caquiña no mar é unha aldraxe.
Minto,
se che digo que en ti non vou pensando
quixera sabe-lo que estás facendo
eu chamo, pero sáeme ocupado, oh
Emporcallaches todo o mar como un criminal
neno, ti non podes negalo
isto que sinto por ti non pode ser legal, ah
Criminal, cri-criminal
mira que es malvado e moi criminal
criminal, uh, criminal ah
Criminal, cri-criminal
mira que es malvado e moi criminal
criminal, cri- criminal ah
Como o estás facendo, rompe-la lei
ti es un delito que eu non quero cometer
os malditos plastiquiños non serve para comer
morren moitos peixes e non queres resolver, non.