sábado, 22 de diciembre de 2018


PROXECTO INTERCENTROS: O SISTEMA SOLAR


Este curso, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, estamos a participar nun proxecto intercentros sobre o Sistema Solar.

A nós tocounos investigar sobre Plutón, xa que a súa órbita pasa moi preto do noso Centro. A primeira actividade consistía en enviar unha carta aos demais planetas e ao Sol para presentarnos como "plutonianos", os habitantes do planeta anano máis afastado. 

Puxémonos mans a obra, despois de investigar sobre Plutón e as súas características...; agora xa estabamos preparados para escribir o fragmento da carta que nos correspondeu "A sociedade, a que se dedican".

E por último, xuntámonos na  biblioteca os cursos participantes para ler as nosas cartas e unilas para enviarllas ao resto de colexios participantes. 

Agora agardamos impacientes as cartas dos outros planetas, e por suposto tamén do Sol.

 

 





No hay comentarios:

Publicar un comentario