sábado, 12 de enero de 2019

PROXECTO INTERCENTROS   "O SISTEMA SOLAR"


Cando voltamos do Nadal, tiñamos esperándonos o correo do Proxecto Intercentros "O sistema solar" de 4º, 5º e 6º de primaria. Recibimos unha carta do Sol e de cada un dos planetas que xiran arredor del. Despois de léelo todos xuntos, expuxérono para toda a Comunidade Escolar.
Aquí tedes un vídeo da lectura e exposición desta correspondencia interplanetaria.


                    


Despois deste 1º trimestre tan ocupado, queda continuar no 2º trimestre con novas neste Proxecto.
Nas aulas de 4º investigarán a relación da mitoloxía e os planetas, nas aulas de 5º elaboraran libros de lapelas en pequeno grupo sobre diversos aspectos do sistema Solar, mentres o alumnado de 6º centrarémonos nunha análise máis técnica: tamaño, densidade, distancias, órbita, escalas...

Ánimo "plutonianos"!!!!!!

 

CENTROS PARTICIPANTES

     En Ferrol:

O Sol: CEIP “Ferrolterra” 
Mercurio: IES “ Saturnino Montojo” 
Venus: IES “ Sofía Casanova” 
Terra:  CEIP “ Recimil”
 Marte:  CEIP “ Esteiro” 
Xúpiter:  IES “ Canido”
Saturno:  IES “Catabois”

     En Narón:

Urano: IES "As Telleiras" 

     En Neda:

Neptuno: IES "Fernando Esquío"

     En Pontedeume:

Plutón: "CEIP Couceiro Freijomil"

No hay comentarios:

Publicar un comentario