miércoles, 20 de junio de 2018

REVISTA ABRENTE. 

X CERTAME DE POESÍA COUCEIRO FREIJOMIL.

Ao cumprir, o certame de poesía Couceiro Freijomil, 10 anos de andadura, a Revista Abrente, elaborada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, presenta un monográfico adicado a unha convocatoria tan importante.

A nosa Revista Escolar ABRENTE nesta edición do nº 38 do 2018, comeza unha nova andadura na súa versión dixital.

                           
PROXECTO LÓVA


VA é un proxecto educativo que realizan titoras e titores na súa aula durante un curso escolar completo. Converten a súa clase nunha compañía de ópera que crea, desde cero, unha ópera ou breve peza de teatro musical. 

Hoxe recibimos á compañía de ópera ANDADIÑAS que está formada por nenos e nenas de 6º curso de primaria do CEIP Piñeiros é que ao longo deste curso estivo traballando no proxecto LÓVA.

A súa ópera "Crebacabezas sen peza" fálanos da amizade e da importancia desta. Cinco amigos quedan para facer os deberes na casa dun deles. A raíz dun conflito, un deles é expulsado do grupo.


Noraboa e moitas grazas por achegar o seu traballo ao noso centro!!!

                         

UN DÍA NA PRAIA


O luns, día 18 de xuño, fomos a Cabanas camiñando para ir a facer uns xogos populares ao piñeiral e un concurso de castelos de area á praia da Madalena.

Saímos sobre as nove da mañá para ir a pé hasta o piñeiral de Cabanas, onde fixemos 6 xogos: Pedra, papel ou tesoira; o camiño oculto; o pano; un xogo de equipos; a muralla e o brilé. Cando rematamos todos os xogos tomamos a parva.
Despois comezamos a competición de castelos de area. Estabamos divididos en 20 grupos, polo que, entre todos, fixemos 20 castelos, todos moi diferentes, todos eran bonitos e enxeñosos e algúns eran moi grandes ou altos.

Foi un día moi divertido, aínda que fixo moito calor!!!!



Gañadores da aula de 5º B no concurso de castelos. Parabéns!!!!

                             

viernes, 15 de junio de 2018

PIRAGÜISMO

O piragüismo é un deporte náutico que o luns 11 de xuño practicamos os cursos de 5º e 6º de Primaria, coa colaboración do equipo Firrete de Pontedeume.
Cando chegamos recibiunos Óscar e Sergio, nos deron información sobre o que iamos facer, puxémonos os chalechos salvavidas, e contáronnos como utilizar as palas que nos habían repartido.
Despois do quecemento saímos coas piraguas por parellas, fixemos varios xogos como por exemplo lanzar as palas e ir remando coas mans para recollelas.
Tivemos un mal día para facer piragüismo pero divertimonos igual. Al final algunhas persoas tiráronse ao mar.  
Foi un día fantástico!!!














        

 



jueves, 14 de junio de 2018

Excursión pola ría de ferrol

Proxecto Ondas de Ilusión


Onte fomos a coñecer mellor a Ría de Ferrol; primeiro estivemos na Cofradia de Barallobre, onde Xoán o biólogo de dita Cofradía explicounos moitas cousas das que despois iamos a ver na praia de Barallobre e vimos as instalacións da Cofradia.
Despois da parva, fomos a praia de Mugardos onde fixemos xogos con Yolanda, unha das monitoras do Proxecto Ondas de Ilusión, para coñecer a flora e a fauna que podemos atopar nas praias da nosa zona.
Xantamos e despois montamos na Lancha de Mugardos para facer unha ruta visitando o Castelo de La Palma, o porto exterior, castelo de San Felipe, Base Naval de La Graña, Arsenais militares….
Aquí vos deixo un vídeo para que desfrutedes vendo as cousas que fixemos na excursión.

   
                         

viernes, 1 de junio de 2018

ONDAS DE ILUSIÓN: ESCOLAS DO MAR

O CEIP Couceiro Freijomil é un dos oito centros que participan en “Ondas de ilusión”, co fin de complementar as actividades que estamos a facer no noso proxecto “Alén do mar”.
Hoxe venres, recibimos 5º A y B, a Yolanda; que nos veu a dar unha charla sobre os recursos que existe no litoral: flora e fauna dos areais. Para isto presentounos a mascota Tareixa, unha ameixa coa que aprendemos moito. Vimos vídeos sobre cales eran as partes do corpo de Tareixa e como se desenvolve no medio, que compañeiros ten e onde viven (Zona intermareal).
Tamén nos falou Yolanda da contaminación no mar e contounos que é iso das “lágrimas das sereas” e ademais ensinóunolas pois o outro día colleunas na  praia de Doniños. En fin foi unha charla moi interesante. GRAZAS YOLANDA!!!!!




















FELICIDADES PABLO

Hoxe un alumno da nosa aula quixo compartir con nós un premio que lle deron o venres por ser un neno moi constante animando a un dos seus equipos de fútbol favoritos, o equipo de benxamín do Eume deportivo. Parabéns para o noso compañeiro!!!!!