viernes, 25 de mayo de 2018

Buques mercantes e de salvamento


Hoxe veu a visitarnos ao colexio, Guillermo Aneiros, xefe de máquinas xubilado, contounos a súa experiencia durante máis de 30 anos traballando en distintos tipos de barcos.
Falounos dos tipos de mercadorías que pode transportar un buque (líquidas, gasosas, cargas especiasis...); de cómo se manexa un barco e por quen; dos tipos de barcos onde Guillermo estivo traballando; viaxes que fixo durante os seus anos de traballo e tamén contounos moitas anéctodas.

Aquí tedes unhas fotos da ponencia e a presentación que nos deixo para recordar a súa charla. 

Moitos agradecementos a Guillermo!!!! 

 

 





             

miércoles, 23 de mayo de 2018

VISITA DO IEO DE A CORUÑA AO CENTRO.

O Centro Oceanográfico de A Coruña, dentro da súa campaña de divulgación científica, acercounos as ciencias mariñas ao noso colexio mediante tres obradoiros:

Investigando aos peixes: neste taller, ensinaronnos como os cientificos estudan os peixes; como os miden, como saben o seu sexo, o seu peso e ata a súa idade mediante os otolitos, que son uns ósos que teñen os peixes debaixo do craneo. Tamén vimos os distintos tamaños das redes co fin de acadar unha pesca sostible.

 











 O corazón do Planeta: neste obradoiro vimos a importancia da salinidade e da acidez do mar para a vida da súa flora e fauna. Fixemos experimentos para observar como se mesturaban as augas frías e quentes e como se formaban e movianse as mareas.

 








 A vida ao microscopio: neste terceiro obradoiro, falaronnos do Plancto, o zooplancto e o fitoplancto. Vimos cales eran as súas diferenzas e da importancia que teñen na cadea trófica.

Vimos uns videos que nos expoñian os perigos dos plásticos no mar. Por último poidemos ver no microscopio unhas mostras do plancto.

 




 Moitas grazas ao Instituto Español de Oceanografía de A Coruña!!!!


DÍA DAS LETRAS GALEGAS


O mércores 16 de maio, celebramos o día das Letras Galegas cunha presentación da autora María Vitoria Moreno. Despois déronse os premios do X Certame de poesía do Colexio Couceiro Freijomil.
Todos os alumnos do Centro participaron neste certame  e resulto moi bonito ver como os gañadores e finalistas lían as súas poesías que tanto traballo lles custou realizar.
 Na nosa aula tivo premio  Daniel González aínda que houbo moitas moi bonitas  e orixinais.
A todos o participantes parabén e a seguir escribindo poesía, algo tan gratificante!!!!




                           

martes, 15 de mayo de 2018

ALBERTO BARRAL

 

O luns 14 de maio, tivemos a sorte de contar con Alberto Barral, achegado duns compañeiros de 5º. Alberto explicounos o uso dos barcos de defensa na Armada. 

Falounos dos buques e outras unidades que forman a Armada; tamén dos traballos e actividades que realizan como: rescate de inmigrantes, protexer o Patrimonio histórico mariño, campañas na Antártica, recoller información dos fondos mariños para confeccionar cartas náuticas…..
Contounos como é a vida a bordo dos buques de defensa e como son os horarios cando están embarcados.

Tamén puidemos ver un vídeo dunha travesía moi perigosa, de camiño a Canadá, na que o buque tivo que sortear ondas xigantescas.

Deixámosvos a presentación que fixo Alberto, e que amablamente comparte con nós.

Moitas grazas por todo Alberto!!!!!