lunes, 20 de noviembre de 2017

AS CHALANAS


Os alumn@s de sexto déronnos unha charla sobre un típico barco que abonda na nosa ría , chamado chalana; contáronnos que son construidas especificamente para un determinado oficio. Tamén nos explicaron que había diferenza entre o que se construía nos estaleiros e nas carpinterías da ribeira, o tipo de madera que se utiliza para a construcción de barcos, as partes da embarcación ( proa, popa, xingadoiro, xinga...).... en fin moitas cousas.
Moitas grazas aos alumn@s de sexto por compartir os vosos traballos!!!

jueves, 16 de noviembre de 2017

NOSA COMPAÑEIRA LÚA

Unha compañeira nosa vaise a vivir a Oviedo, pero Lúa, sempre lembrarémosche.
" As amigas son como as estrelas, ás veces non as vemos, pero sabemos que sempre están aí"
Aínda que dixémosche adeus, este adeus non é un adeus, senón un ata pronto.

Boa sorte no teu novo colexio e cidade!!!!!!!!!

Os teus compañeir@s e a túa mestra.
















sábado, 11 de noviembre de 2017

EXCURSIÓN A FERROL

Fomos visitar o Museo de Construción Naval de Ferrol onde vimos maquetas e planos dous diques e gradas dos estaleiros ferroláns e como construíanse os antigos barcos como fragatas , galeóns…. Contáronnos como foi a botadura do “Arteaga” construído en Astano , que na súa época foi ou máis grande do mundo realizado en grada…..Tamén contáronnos anécdotas como que na grúa de Astano cabería a catedral de Santiago e aínda sobraría espazo…..  e moitas cousa máis.
Tamén aproveitamos o viaxe para visitar o Museo de Historia Natural, fixándonos moito na fauna mariña: peixes, mamíferos, moluscos…. Contáronnos historias de como rescataban e coidaban moitos animais… en fin nos  foi un viaxe xenial!!!!! 





 CONTO DE SAMAÍN

Aqui tedes o resultado de tanto esforzo.
Para tod@s moitos PARABENS!!!!!