lunes, 30 de abril de 2018

MAIOS 2018


Como todos os anos cando chega maio no centro celebrámolo facendo os nosos maios.
O alumnado de cuarto, quinto e sexto fixemos tamén o noso maio con todas as flores, verde, laranxas, ovos… que trouxestes de casa. 

Moitas grazas!!!!

Aquí tedes algunhas imaxes. 









                  
EUMEOLIMPIADAS 2018

Os centros educativos eumeses, reuníronse ao longo desta semana para participar nas tradicionais Eumeolimpiadas. Ao alumnado de quinto tocoulles o xoves.



Máis informacións e imáxenes aquí:

http://celecofre.blogspot.com.es/2018/04/eumeolimpiadas-2018.html

martes, 24 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO 2018

O 23 de abril é o día do libro e para celebralo fixemos un traballo que nos propuxo Güio.
Tiñamos que escoller un libro que quixésemos compartir  cos nosos compañeiros. Con todos fixemos un mural onde se nos ve lendo o libro favorito de cada un.
Pero ollo, pintado por nós!!!!!!
Así elaboramos un mural que quedo así de marabilloso!!!!!!



     


    

Os profesores tamén quixemos participar na proposta de Güio por ser un día tan especial. Mirar!!!!!


Tamén fixemos, para celebrar este día uns agasallos. Unhas flores con papel e unha marca páginas con flores naturais. Quedáronnos moi chulos!!!!!!

sábado, 21 de abril de 2018

As funcións de relación e reprodución no ser humano.


Aquí tedes algunhas actividades para repasar o tema que estamos a dar en C. Naturais. 

Preme nas imaxes para chegar a tres tipos de actividades interactivas diferentes sobre a función de relación a reprodución e o embarazo.

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1363179492/contido/funcionrelacionbilig/funcionrelacionbilig.html 


https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1363266763/contido/reproducionhumana.html 

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1287563026/contido/index.html

miércoles, 18 de abril de 2018

Ramón Margalef

Por fin chegou o día, hoxe fomos de excursión a visitar o barco oceanográfico Ramón Margalef, que está durante tres días no porto da Coruña, dentro dos actos conmemorativos do 50 aniversario do Centro Oceanográfico.

Realizamos unha visita guiada polas distintas dependencias do buque (acústica, laboratorio húmido, laboratorio seco, cuberta e ponte) onde o propio persoal da tripulación e técnicos do Centro Oceanográfico explicáronnos todo sobre os métodos de traballo e formas de funcionamento dos aparellos de mostraxe.

Foi unha visita moi interesante e aprendemos moitísimas cousas.

Xa de volta a Pontedeume, visitamos o paseo marítimo, antes de volver ao colexio.


viernes, 13 de abril de 2018

JORGE PENA COMPLETO A TALISKER WHISKY ATLANTIC CHALLENGE

  Hoxe recibimos no colexio a Jorge Pena que nos visito para contarnos a súa fazaña de atravesar o Océano Atlántico, desde a illa da Gomera, en Canarias, até a illa Antiga no Caribe. Un total de 5.550 km que percorreu en 58 días, sen axuda de ningunha vela ou motor, soamente impulsando o barco con remos e coa súa forza. Enfrontándose a «ondas como montañas» de máis de oito metros e ventos que alcanzaban os 120 km/h nalgúns días.

 

Só tiña un aliado, que eran os ventos alisios [que sopran nesta época do ano en que fixo a viaxe] que o arrastraban en dirección correcta. Como algunha vez fixérono con Colón cando descubriu América.

 

Nárronos a súa viaxe coas súas anécdotas incluídas, algunhas moi curiosas: como o visitaba un paxaro ao que chamou Mateo, as charlas que tiña co seu polbo, cando se atopou a un mercante que a tripulación era de Ferrol e puido falar con eles por radio, as postas do sol e os amenceres, como se aseaba, que comía, os intres de soidade no medio do océano, como movense os ventos no hemisferio Norte e Sur .... en fin unha charla que nos gusto moitísimo e na que aprendemos cousas moi interesantes.

Aquí tedes algunhas fotos para recordar eses momentos tan divertidos e emocionantes.











PROXECTO "ALÉN DO MAR"


O alumnado de 5º e 6º, dentro do proxecto deste curso, estiveron a investigar no 2º trimestre a evolución das embarcacións ao longo da historia.

Onte á mañá, compartiron as súas pescudas presentando o produto final no corredor de primaria.
Diante dos seus murais resumiron o aprendido destacando os aspectos máis significativos.

miércoles, 11 de abril de 2018

VISITA AL BUQUE OCEANOGRÁFICO RAMÓN MARGALEF

O mércores 18 de abril imos a Coruña visitar o buque oceanográfico Ramón Magalef.
Un buque oceanográfico é unha embarcación acondicionada para as tarefas de investigación cientifíca en mares e océanos. estes buques posúen instrumental para realizar estudos de temperatura, salinidade, osíxeno disolto, fluorescencia da auga.... Tamén analizan a dirección e características das correntes mariñas e realizan observacións meteorolóxicas.
A análise da bioloxía mariña lógrase coa captura de exemplares, utilizando os métodos de pesca que se consideren máis adecuados para as especies que son obxecto da investigación. Para os estudos xeolóxicos, obtéñense mostras do leito e subsolo mariño.




JORGE PENA, unha travesía polo inmenso océano de 58 días.

O día 13 de abril, visítanos Jorge Pena; arquitecto de profesión e o primeiro español en cruzar a remo o Océano Atlántico en solitario.
Premede nas imaxes para coñecer a súa fantástica experiencia e poder preparar , coa información, a entrevista que lle ides a facer.


http://www.elmundo.es/cronica/2018/02/11/5a803935ca4741637b8b4615.html           

https://www.youtube.com/watch?v=u3tGtlBMDUQ          http://www.abc.es/deportes/abci-gallego-jorge-pena-cruza-remo-atlantico-201802121249_noticia.html


https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/sada/2018/02/11/gallego-jorge-pena-logra-cruzar-atlantico-remo-58-dias/00031518353885838793624.htm          http://www.crtvg.es/informativos/o-galego-jorge-pena-cruza-o-atlantico-a-remo-3650543

martes, 10 de abril de 2018

OBRADOIRO DE POESÍA

Este luns e martes tivemos a sorte de que  J.L. Graña Muíño veunos a dar un obradoiro de poesía.

José Luís Graña Muíño foi profesor de Lingua Galega e Literatura durante moitos anos, tempo no que se amosou especialmente activo co alumnado, dirixindo e coordinando diferentes actividades relacionadas coas artes escénicas: contacontos, recitais poéticos, monólogos, representacións teatrais...
Ademais, escribiu varios libros de diferentes xéneros literarios. Ten tres publicados: "Cerdido: lingua e outras realidades", "Converxencia na cor vermella e " Itinerario do botellón".
Na actualidade, xubilado como profesional da ensinanza, segue máis implicado ca nunca no labor de escribir. Agora mesmo está intentando publicar un libro de relatos curtos e outro de poesía.

No obradoiro fixemos xogos para aprender cal era o "sal" e a "esencia" dun poema; lemos de distintas formas poemas, descubrimos cales eran os autores e autoras das obras traballadas..... e moitas cousas máis. 
O mellor chegou ao final. Despois de ensinarnos algúns truquillos para poder empezar a escribir poesía, puxémonos ao choio e fixemos unhas poesías moi fermosas e divertidas, con distintos temas e moi variadas. Divertímonos moitísimo!!!!!

FOI TODO UN ÉXITO, GRAZAS JOSÉ LUÍS !!!!!

                   

martes, 3 de abril de 2018


TRABAJAMOS CON LAS SUPERFICIES


Si queréis practicar el tema de las superficies con juegos y aprender de una forma divertida y lúdica, pincha en la imagen y podrás empezar a divertirte.
https://luisamariaarias.wordpress.com/matematicas/tema-13-area-de-figuras-planas/