sábado, 22 de diciembre de 2018

CLUB DE LECTURA

O Equipo de Dinamización do "Xardín do Pasatempo" proponnos ao alumnado de sexto realizar un Club de lectura.
Podédesvos apuntar de forma voluntaria e realizárase os martes na hora de ler.
O libro que nos propoñen para esta marabillosa actividade é KUSUMA do autor Héctor Cajaraville da Editorial Xerais. Ten o premio Merlín de Literatura Infantil, 2018.

 https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjhMudDaiP3c8f4X7mgqon7eQjIKPAygH9Gt_DDWxsj6Xx7R4-H1KvcedLnGR1Tyjgd0IsHV0PbggQIDl0YiX5fk2z4AG4MbUcY0ikGVVXdsp77EO4ERChifeDAGjRgeLdBAhCU-6pjzO4c/s320/XG00277201.jpg

Aquí tedes información sobre o libro:

Kusuma é unha faisán femia procedente da remota selva de Kaltim, que se ve obrigada a marchar do lugar en que sempre viviu debido á acción destrutiva do ser humano. Co obxectivo de buscar un futuro mellor para ela e mais a rolada de pitiños que agarda, cruza medio mundo ata chegar a Galicia.Pero alí as cousas non van ser doadas: a desconfianza da maior parte dos animais da fraga en que se instala, o medo ao diferente e ao que vén de fóra, obrigará a Kusuma a demostrar o seu valor e o seu dereito a ser unha máis na terra de acollida.''Kusuma'' é unha historia de aventuras, de cooperación, de superación e de amizade; un exemplo de como os prexuízos con que ás veces nos enfrontamos ao descoñecido son o camiño máis enganoso e máis inxusto para tratar de entender o mundo.

Podedes pedir o libro como agasallo neste Nadal para empezar a ler en xaneiro no Club de lectura.


 


No hay comentarios:

Publicar un comentario