viernes, 1 de junio de 2018

ONDAS DE ILUSIÓN: ESCOLAS DO MAR

O CEIP Couceiro Freijomil é un dos oito centros que participan en “Ondas de ilusión”, co fin de complementar as actividades que estamos a facer no noso proxecto “Alén do mar”.
Hoxe venres, recibimos 5º A y B, a Yolanda; que nos veu a dar unha charla sobre os recursos que existe no litoral: flora e fauna dos areais. Para isto presentounos a mascota Tareixa, unha ameixa coa que aprendemos moito. Vimos vídeos sobre cales eran as partes do corpo de Tareixa e como se desenvolve no medio, que compañeiros ten e onde viven (Zona intermareal).
Tamén nos falou Yolanda da contaminación no mar e contounos que é iso das “lágrimas das sereas” e ademais ensinóunolas pois o outro día colleunas na  praia de Doniños. En fin foi unha charla moi interesante. GRAZAS YOLANDA!!!!!




















No hay comentarios:

Publicar un comentario