jueves, 14 de junio de 2018

Excursión pola ría de ferrol

Proxecto Ondas de Ilusión


Onte fomos a coñecer mellor a Ría de Ferrol; primeiro estivemos na Cofradia de Barallobre, onde Xoán o biólogo de dita Cofradía explicounos moitas cousas das que despois iamos a ver na praia de Barallobre e vimos as instalacións da Cofradia.
Despois da parva, fomos a praia de Mugardos onde fixemos xogos con Yolanda, unha das monitoras do Proxecto Ondas de Ilusión, para coñecer a flora e a fauna que podemos atopar nas praias da nosa zona.
Xantamos e despois montamos na Lancha de Mugardos para facer unha ruta visitando o Castelo de La Palma, o porto exterior, castelo de San Felipe, Base Naval de La Graña, Arsenais militares….
Aquí vos deixo un vídeo para que desfrutedes vendo as cousas que fixemos na excursión.

   
                         

No hay comentarios:

Publicar un comentario