miércoles, 18 de abril de 2018

Ramón Margalef

Por fin chegou o día, hoxe fomos de excursión a visitar o barco oceanográfico Ramón Margalef, que está durante tres días no porto da Coruña, dentro dos actos conmemorativos do 50 aniversario do Centro Oceanográfico.

Realizamos unha visita guiada polas distintas dependencias do buque (acústica, laboratorio húmido, laboratorio seco, cuberta e ponte) onde o propio persoal da tripulación e técnicos do Centro Oceanográfico explicáronnos todo sobre os métodos de traballo e formas de funcionamento dos aparellos de mostraxe.

Foi unha visita moi interesante e aprendemos moitísimas cousas.

Xa de volta a Pontedeume, visitamos o paseo marítimo, antes de volver ao colexio.


No hay comentarios:

Publicar un comentario