viernes, 13 de abril de 2018

JORGE PENA COMPLETO A TALISKER WHISKY ATLANTIC CHALLENGE

  Hoxe recibimos no colexio a Jorge Pena que nos visito para contarnos a súa fazaña de atravesar o Océano Atlántico, desde a illa da Gomera, en Canarias, até a illa Antiga no Caribe. Un total de 5.550 km que percorreu en 58 días, sen axuda de ningunha vela ou motor, soamente impulsando o barco con remos e coa súa forza. Enfrontándose a «ondas como montañas» de máis de oito metros e ventos que alcanzaban os 120 km/h nalgúns días.

 

Só tiña un aliado, que eran os ventos alisios [que sopran nesta época do ano en que fixo a viaxe] que o arrastraban en dirección correcta. Como algunha vez fixérono con Colón cando descubriu América.

 

Nárronos a súa viaxe coas súas anécdotas incluídas, algunhas moi curiosas: como o visitaba un paxaro ao que chamou Mateo, as charlas que tiña co seu polbo, cando se atopou a un mercante que a tripulación era de Ferrol e puido falar con eles por radio, as postas do sol e os amenceres, como se aseaba, que comía, os intres de soidade no medio do océano, como movense os ventos no hemisferio Norte e Sur .... en fin unha charla que nos gusto moitísimo e na que aprendemos cousas moi interesantes.

Aquí tedes algunhas fotos para recordar eses momentos tan divertidos e emocionantes.










No hay comentarios:

Publicar un comentario