viernes, 8 de marzo de 2019

QUEIMA DO ENTROIDO


Hoxe, xa de volta, puxemos fin á festa coa "Queima do Entroido", viúvos e viúvas cantamos o "Xa morreu" e choramos a morte do finado, despedíndoo ata o ano que vén;
cantiga típica de Pontedeume.

ATA O VINDEIRO ANO!!!!!!! 

Xa morreu!
Xa morreu!
dunha enchente que comeu.
Non chorar!
Non chorar!
que o vamos enterrar.

Este Antroido que aquí vai
éche un valiente animal,
en vez de ir en automóbil.
vaiche dentro dun tabal.

Ai la, la, la, la.
Ai la.
Ai la, la, la, la.
Ai la.
Ai la, la, la, la.
Ai la, la, la, la.

Subeu polos Espenedos
e baixou polo Escorial.
E chegou a Pontedeume
o martes de carnaval.
  
  
A música do "Xa morreu", non se sabe de quen é e xa hai constancia de que se cantara en 1910 en castelán tamén con esta letra.
O "tabal", ao que fai mención a canción, é unha caixa onde se acomodan as mariquitas, ás sardiñas salgadas, tan típicas da nosa vila.


                   

No hay comentarios:

Publicar un comentario