sábado, 2 de marzo de 2019


 ENTROIDO 


Este ano o Carnaval xirou arredor do proxecto “Bo proveito”con pratos saudables, vaquiñas, froita e tamén dos profesionais como cociñeir@s, chefs, panadeir@s, froiteir@s, peixeir@s....Tivemos de todo!!!!!  
 Pasámolo moi ben no desfile pola vila acompañados polos saltimbanquis que mandou o Concello, por un grupo de pais e nais a modo de charanga abrindo o desfile e por un público entregado. Ao final rematamos tanta festa no pavillón para realizar as actuacións cun publico marabilloso.
Despois de tanto movemento repuxemos forzas nas aulas coa degustación das diferentes sobremesas propias do Entroido Eumés achegadas polas familias.


Os esperamos o xoves, xa que só queda  queimar o Antroido, mentres choramos a súa morte cantando  a cantiga tradicional de Pontedeume: XA MORREU!
 





         






                      

No hay comentarios:

Publicar un comentario