lunes, 18 de febrero de 2019

PREPARANDO O DÍA DA POESÍA CON JOSÉ LUIS GRAÑA

Xa estamos a preparar o día da poesía e hoxe contamos con José Luis Graña Muíño,

José Luís Graña Muíño foi profesor de Lingua Galega e Literatura durante moitos anos, tempo no que se amosou especialmente activo co alumnado, dirixindo e coordinando diferentes actividades relacionadas coas artes escénicas: contacontos, recitais poéticos, monólogos, representacións teatrais...
Ademais, escribiu varios libros de diferentes xéneros literarios. Ten catro publicados: "Cerdido: lingua e outras realidades", "Converxencia na cor vermella , " Itinerario do botellón" e  “A vida é dura antes dos 18”.

Na actualidade, xubilado como profesional da ensinanza, segue máis implicado ca nunca no labor de escribir.

Estivemos a recitar poesías e modulando a voz con axuda de J.L.Graña, ademais deunos uns consellos para que o día da poesía cando recitemos poemas no festival do teatro e da poesía sálganos todo de marabilla. Pasámonolo xenial e participamos todos e todas. 

Tamén lle queremos dar as grazas a Edita Nogueira,  xa que sabendo que iamos recitar poemas que fixesen referencia ao  PDI “Bo Proveito” deste curso;  fixo unha poesía titulada “Cachelos” que imos recitar xunto a outra poesía  “Por un euro” tamén da mesma autora.
Estamos a preparar  tamén poesías de Rosalía de Castro, Manuel María e Paula Carballeira. 

Aquí podedes ver un vídeo con algúns momentos desta mañá.


                          

2 comentarios:

  1. Outra vez tiven a oportunidade de vivir uns momentos entrañables con vós. Outra vez me sentín moi ben acollido e cómodo realizando unha das miñas actividades preferidas, o recitado.
    Grazas pola vosa actitude.
    Mil grazas, Maribel!

    J. L. Graña

    ResponderEliminar
  2. Moi chula a wntrada! Grazas a ti José Luis pola túa desinteresada colaboración!

    ResponderEliminar