jueves, 31 de enero de 2019

O DÍA DA PAZ


Celebramos o Día da Paz o mércores 30 de xaneiro, dedicado a conmemorar nas escolas unha cultura de non violencia e Paz.

Participamos con toda a Comunidade Educativa, fixemos o Disco de Newton ou "Zumbador", mesturando cores para procurar a cor branca da Paz. Tamén cantamos e bailamos a canción "O mundo é grande" de Mamá Cabra.

Dentro da nosa aula estivemos preparando o Día da Paz realizando uns traballos, de forma grupal, sobre personaxes importantes para que hoxe en día teñamos unha sociedade onde tódolos homes e mulleres teñamos os mesmos dereitos e mais respecto entre eles.

Na escola adoitamos procurar cada día estes valores: tolerancia, respecto, non violencia...

                  

                  



                        

No hay comentarios:

Publicar un comentario