miércoles, 20 de junio de 2018

UN DÍA NA PRAIA


O luns, día 18 de xuño, fomos a Cabanas camiñando para ir a facer uns xogos populares ao piñeiral e un concurso de castelos de area á praia da Madalena.

Saímos sobre as nove da mañá para ir a pé hasta o piñeiral de Cabanas, onde fixemos 6 xogos: Pedra, papel ou tesoira; o camiño oculto; o pano; un xogo de equipos; a muralla e o brilé. Cando rematamos todos os xogos tomamos a parva.
Despois comezamos a competición de castelos de area. Estabamos divididos en 20 grupos, polo que, entre todos, fixemos 20 castelos, todos moi diferentes, todos eran bonitos e enxeñosos e algúns eran moi grandes ou altos.

Foi un día moi divertido, aínda que fixo moito calor!!!!



Gañadores da aula de 5º B no concurso de castelos. Parabéns!!!!

                             

No hay comentarios:

Publicar un comentario