miércoles, 23 de mayo de 2018

VISITA DO IEO DE A CORUÑA AO CENTRO.

O Centro Oceanográfico de A Coruña, dentro da súa campaña de divulgación científica, acercounos as ciencias mariñas ao noso colexio mediante tres obradoiros:

Investigando aos peixes: neste taller, ensinaronnos como os cientificos estudan os peixes; como os miden, como saben o seu sexo, o seu peso e ata a súa idade mediante os otolitos, que son uns ósos que teñen os peixes debaixo do craneo. Tamén vimos os distintos tamaños das redes co fin de acadar unha pesca sostible.

 











 O corazón do Planeta: neste obradoiro vimos a importancia da salinidade e da acidez do mar para a vida da súa flora e fauna. Fixemos experimentos para observar como se mesturaban as augas frías e quentes e como se formaban e movianse as mareas.

 








 A vida ao microscopio: neste terceiro obradoiro, falaronnos do Plancto, o zooplancto e o fitoplancto. Vimos cales eran as súas diferenzas e da importancia que teñen na cadea trófica.

Vimos uns videos que nos expoñian os perigos dos plásticos no mar. Por último poidemos ver no microscopio unhas mostras do plancto.

 




 Moitas grazas ao Instituto Español de Oceanografía de A Coruña!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario