martes, 15 de mayo de 2018

ALBERTO BARRAL

 

O luns 14 de maio, tivemos a sorte de contar con Alberto Barral, achegado duns compañeiros de 5º. Alberto explicounos o uso dos barcos de defensa na Armada. 

Falounos dos buques e outras unidades que forman a Armada; tamén dos traballos e actividades que realizan como: rescate de inmigrantes, protexer o Patrimonio histórico mariño, campañas na Antártica, recoller información dos fondos mariños para confeccionar cartas náuticas…..
Contounos como é a vida a bordo dos buques de defensa e como son os horarios cando están embarcados.

Tamén puidemos ver un vídeo dunha travesía moi perigosa, de camiño a Canadá, na que o buque tivo que sortear ondas xigantescas.

Deixámosvos a presentación que fixo Alberto, e que amablamente comparte con nós.

Moitas grazas por todo Alberto!!!!!  

                  

No hay comentarios:

Publicar un comentario