martes, 10 de abril de 2018

OBRADOIRO DE POESÍA

Este luns e martes tivemos a sorte de que  J.L. Graña Muíño veunos a dar un obradoiro de poesía.

José Luís Graña Muíño foi profesor de Lingua Galega e Literatura durante moitos anos, tempo no que se amosou especialmente activo co alumnado, dirixindo e coordinando diferentes actividades relacionadas coas artes escénicas: contacontos, recitais poéticos, monólogos, representacións teatrais...
Ademais, escribiu varios libros de diferentes xéneros literarios. Ten tres publicados: "Cerdido: lingua e outras realidades", "Converxencia na cor vermella e " Itinerario do botellón".
Na actualidade, xubilado como profesional da ensinanza, segue máis implicado ca nunca no labor de escribir. Agora mesmo está intentando publicar un libro de relatos curtos e outro de poesía.

No obradoiro fixemos xogos para aprender cal era o "sal" e a "esencia" dun poema; lemos de distintas formas poemas, descubrimos cales eran os autores e autoras das obras traballadas..... e moitas cousas máis. 
O mellor chegou ao final. Despois de ensinarnos algúns truquillos para poder empezar a escribir poesía, puxémonos ao choio e fixemos unhas poesías moi fermosas e divertidas, con distintos temas e moi variadas. Divertímonos moitísimo!!!!!

FOI TODO UN ÉXITO, GRAZAS JOSÉ LUÍS !!!!!

                   

1 comentario:

  1. Xenial José Luis Graña, os nenos e nenas , o obradoiro e a profe Maribel que procurou esta actividade! Grazas a tod@s!

    ResponderEliminar