sábado, 11 de noviembre de 2017

EXCURSIÓN A FERROL

Fomos visitar o Museo de Construción Naval de Ferrol onde vimos maquetas e planos dous diques e gradas dos estaleiros ferroláns e como construíanse os antigos barcos como fragatas , galeóns…. Contáronnos como foi a botadura do “Arteaga” construído en Astano , que na súa época foi ou máis grande do mundo realizado en grada…..Tamén contáronnos anécdotas como que na grúa de Astano cabería a catedral de Santiago e aínda sobraría espazo…..  e moitas cousa máis.
Tamén aproveitamos o viaxe para visitar o Museo de Historia Natural, fixándonos moito na fauna mariña: peixes, mamíferos, moluscos…. Contáronnos historias de como rescataban e coidaban moitos animais… en fin nos  foi un viaxe xenial!!!!! 





No hay comentarios:

Publicar un comentario