jueves, 4 de abril de 2019

VISITA DE SUSA HERRERA




Hoxe tivemos a visita de Susa Herrera, con ela cantamos e bailamos unhas cancións moi divertidas que falaban de animais .Con estas cancións descubrimos  cousas interesantes destes animais: de onde eran, que comían , canto durmían.....Pasámolo xenial. 


                                                      Moitas grazas Susa!!!!!!!!!



Susa Herrera naceu en Santander, é profesora da área “Didáctica de Expresión Musical” da Universidade de Vigo desde o ano 1988. Licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Barcelona (1979). Posúe o título superior de piano (Barcelona 1976) e Clavicémbalo (Barcelona 1984), Diplome pèdagogique en Education  Musicale Willems (Lyon 1985) e Diploma de formación en Rítmica Jacques-Dalcroze (Barcelona 1990). Completa a súa formación pedagóxica en escolas de verán sobre educación musical e danza (Xenebra, Salzburg, Pittsburg, Londres, Estocolmo…) e amplía formación en linguaxes corporais expresivos (Barcelona, Madrid, Londres, Buenos Aires).

Posúe experiencia docente nos niveis de infantil, primaria, secundaria,  universitaria e Universidade de Maiores. Máis de 150 cursos impartidos en programas de formación inicial e permanente do profesorado en diversos centros do Estado e noutros países (Portugal, Cuba e Noruega) e é relator habitual en congresos sobre Educación Musical e Educación Física (área de linguaxes expresivas) en diversos países de Europa, Asia e América Latina.

É autora de varios libros infantís: Cartas que veñen e van, Animais ao caixón, Animais Encantadores e En Cabárceno  óuvese cantar.


                 Aquí déixovos un vídeo coa actuación de Susa e a vosa!!!!!!



                      



                   

No hay comentarios:

Publicar un comentario