sábado, 16 de marzo de 2019

SESIÓN DE FILOSOFÍA

O mércores tivemos unha sesión de Filosofía.

Tivemos como base o óleo “Muchachos subiendo a un árbol” de Francisco Goya, pintado a fins de 1791. Na imaxe vemos a tres raparigos tratando de subir a unha árbore. Un deles agáchase para que outro poida apoiarse nel, e o terceiro empúxalle por detrás.



Mostrábasenos o cadro só a anacos até descubrilo todo.  Debiamos ir contestando preguntas do tipo:

- Que vedes?, Coidades que son nenos/as actuais? Por que?, Que poden estar facendo?, Onde pensades que poden estar?, Como cres que se senten?, E agora que vedes?, Que poden estar facendo? Por que?, Onde pensades que poden estar?, Que credes que senten agora? …..

A continuación , pasamos ás habilidades de Razoamento.
 
          - Para cooperar que necesitamos?. Se non se axudan que podería pasar?

Algunhas das opinións dos alumnos foron:

Cada idea que diciamos por moi imaxinativa que fose achegaba algo e nos facía reflexionar ao resto.
- Dixésemos o que dixésemos estaba ben xa que era nosa opinión.
- Cantas máis opinións dábanse máis fácil resultaba adiviñar como era o cadro.
- Todos respectabamos e iso axúdonos a esperar e ter paciencia para expresar o que sentiamos
- Estivo moi ben e teño ganas de repetir esta actividade…..

Saíron palabras sobre as que tamén opinamos e debatemos como: compañeirismo, empatía, axuda, colaboración, confianza, seguridade…

Ao final tiñamos que realizar a avaliación escollendo entre  tres  imaxes do autor Keith Haring e dicir con cal desas imaxes representaba mellor as nosas sensacións nesta actividade.


Foi unha sesión moi aproveitada e divertida!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario